PROXECTO QUE CONTRIBUE A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA A TRAVÉS DUNHA MELLORA DA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS, ASÍ COMO O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

PROXECTO QUE CONTRIBUE A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA A TRAVÉS DUNHA MELLORA DA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS, ASÍ COMO O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

 

  • Ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código do procedemento PE209C), a confraría de pescadores de Corcubión, presentou o "Proxecto que contribúe a protección e a recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellora da xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como o fomento da sensibilización ambiental".
  • Con este proxecto pretendese conseguir mellorar a xestión das zonas de  produción e o control e seguimento dos plans de explotación das especies mariñas co fin de contribuír a conservación do medio e a protección e recuperación da  biodiversidade mariña, ao mesmo tempo que se mellore as condición de vida e de traballo das persoas que se dedican a esta actividade no ámbito da confraría de Corcubión.
  • Para iso, contemplamos abordar unha serie de obxectivos específicos:
  1.  Preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños  da Ría de Corcubión
  2. Xestionar de forma sostible a explotación dos recursos mariños
  3. Preservar e fomentar o marisqueo como actividade tradicional sostible compatible coa conservación do ecosistema mariño