MELLORA DA XESTIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS PARA GARANTIR UNHA ACTIVIDADE ECONÓMICA, SOCIAL E MEDIOAMBIENTAL SOSTIBLE

MELLORA DA XESTIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS PARA GARANTIR UNHA ACTIVIDADE ECONÓMICA, SOCIAL E MEDIOAMBIENTAL SOSTIBLE

 

Ao abeiro da orde do 18 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan á reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medioambientalmente sostible (PE209P) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto: "Mellora da xestión dos recursos mariños e dos seus ecosistemas para garantir unha actividade económica, social e medioambiental sostible" 

Con este proxecto preténdese seguir mellorando a xestión dos recursos mariños e dos seus ecosistemas e o control e seguimento dos plans de explotación das especies mariñas co fin de contribuír a unha actividade económica, social e medioambiental sostible.

OBXETIVOS PRINCIPAIS:

  1. Preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños pertencentes ao ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Corcubión.
  2. Xestionar de forma sostible a explotación dos recursos mariños.
  3. Preservar e fomentar a pesca costeira arsenal como actividade tradicional sostible e compatible coa conservación dos ecosistemas mariños.

OBXETIVOS ESPECÍFICOS:

  1. Asesoramento técnico para seguir mellorando a xestión das zonas de explotación mediante os estudos previos e de seguimento das accións levadas a cabo.
  2. Seguir recuperando os stocks das especies explotadas grazas á mellora da xestión dos bancos marisqueiros.
  3. A recuperación dos stocks das especies marisqueiras contribuirán a incrementar a labor marisqueira a medio-longo prazo e poderase, así, propiciar a continuidade da actividade tradicional marisqueira.
  4. Seguir mellorando e realizando o mantemento dunhas condicións axeitadas do medio para xerar condicións de vida máis favorables para os organismos mariños e favorecer a fixación dos xuvenís.