ACTIVIDADE FORMATIVA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL DO SECTOR PESQUEIRO

Enviado por COFRADIA el Lun, 11/11/2024 - 13:35
ACTIVIDADE FORMATIVA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL DO SECTOR PESQUEIRO

Ao abeiro da Orde de 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concurrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de
residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueros, coa participación das personas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209F), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO A PÉ NOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".

Este proxecto consta dunha acción formativa en materia de loita contra o lixo mariño, incluidas as artes de pesca perdidas, ao obxecto de fomentar a prevención e reducción de lixo mariño e promover o papel do sector pesqueiro en dita loita: "Actividade formativa de concienciación ambiental do sector pesqueiro". Dita acción formativa impartirase aos participantes de dito proxecto, os mariscadores a pé da Confraría de Pescadores de Corcubión, e ten como obxectivo concienciar ao sector pesqueiro da problemática ambiental que ocasionan os residuos mariños no mar e nas costas e dotar aos participantes da información necesaria para o correcto manexo e xestión dos residuos mariños en terra.