CONTRIBUCIÓN A XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS

Enviado por COFRADIA el Lun, 02/12/2024 - 15:11
CONTRIBUCIÓN A XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS

Ao abeiro da orde do 2 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan
para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados
polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a
xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e
ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "CONTRIBUCIÓN A XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS".

Este proxecto ten como obxectivos principais:

  1. Contribuír a xestión sostible dos recursos biolóxicos mariños e preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños ao amparo dos plans de explotación da Confraría de Corcubión.

  2. Contribuír a conservación e recuperación dos recursos biolóxicos mariños e dos seus ecosistemas ao amparo dos plans de explotación da Confraría de Corcubión.

  3. Garantir unha actividade marisqueira económica, social e medioambientalmente sostible.

  4. Fomentar e preservar a actividade marisqueira como actividade tradicional sostible e compatible coa conservación dos ecosistemas mariños.

E como obxectivos específicos:

  1. Asesoramento técnico para seguir mellorando a xestión das zonas de explotación mediante os estudos previos e de seguimento das accións levadas a cabo.

  2. Seguir recuperando os stocks das especies explotadas grazas á mellora da xestión dos bancos marisqueiros.

  3. A recuperación e conservación dos stocks das especies marisqueiras contribuirán a incrementar a labor marisqueira a medio-longo prazo e poderase, así, propiciar a continuidade da actividade tradicional marisqueira.

  4. Seguir mellorando e realizando o mantemento dunhas condicións axeitadas do medio para xerar condicións de vida máis favorables para os organismos mariños e favorecer a fixación dos xuvenís.