ACTIVIDADES DE FORMACIÓN NO PORTO DE CORCUBIÓN

Enviado por COFRADIA el Vie, 28/01/2022 - 18:25
FORMACIÓN NO PORTO DE CORCUBIÓN 2022
  • Ao abeiro da ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto  "Actividades de formación no porto de Corcubión".
  • Con este proxecto preténdese cubrir as necesidades de formación do colectivo de traballadores do sector pesqueiro que opera neste porto e nesta comarca.
    Os cursos que se ofertan permiten os traballadores do mar formarse para cumprir coa formación esixida segundo normativa marítimo pesqueira para exercer o seu posto de traballo así como promover a formación continua, o emprendemento e mellorar a competitividade e a seguridade da flota pesqueira e por tanto, dos portos pesqueiros. Ase mesmo, tamén se pretende ofertar formación que mellore as competencias e a formación na extraccións dos recursos mariños e procurar unha explotación mais sustentable dos mesmos.
  • As actividades de formación incluídas neste proxecto son: 
    • Curso de formación sanitaria específica inicial
      • A través desta formación capacítase ós traballadores do mar para reaccionar eficazmente ante posibles accidentes que se produzan a bordo das embarcacións e realizar unha inmediata atención ós enfermos. Teñan coñecementos en primeiros auxilios e técnicas de enfermería básica, normas de hixiene, manexo do botiquín C e da comunicación médica por radio.
    • Curso de actualización de formación sanitaria especifica inicial
      • A través deta formación os traballadores do mar poden actualizar os coñecementos en formación sanitaria específica inicial, de tal forma que melloren as súas habilidades e os seus coñecementos para atender posibles situacións de emerxencia a bordo do buque.
    • Curso de aproveitamento de macroalgas
      •  A través deste curso, o alumnado aprendeu a identificar e coñecer as especies de macroalgas mariñas, a súa clasificación, os principais factores que inflúen na distribución destas especies e os seus usos e aplicacións culinarias e na eido da cosmética. Ademais de dar a coñecer os requisitos necesarios para a explotación de macroalgas, as técnicas de conservación de macroalgas e as empresas que comercializan algas en Galicia como potenciais clientes dos profesionais do sector.