PROTECCION DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NO ÁMBITO TERRITORIAL DA CONFRARÍA DE MUGARDOS. ANO 2022

Enviado por Cofradia o Mér, 01/06/2022 - 11:58

A Consellería do Mar concedeu á Confraría de Mugardos unha axuda, financiada nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a realización de proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

PE209F-2022/07: “Protección da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Mugados. Ano 2022”

Importe total concedido: 29.884,51 €

Obxectivo xeral do proxecto: Retirada do lixo mariño acumulado nas autorizacións marisqueiras a pé da Confraría de Mugardos para favorecer a biodiversidade e mellorar as condicións físicas , alteradas pola acción humana nestes hábitats costeiros

Obxectivos específicos:

1.- Retirada física dos residuos.

2.- Almacenamento, clasificación, caracterización e tratamento dos residuos.

3.- Difusión da información obtida nas xornadas de traballo.

Descrición do proxecto: O proxecto consistira na localización e constatación da existencia do lixo nas zonas de traballo e elaboración de informe fototográfico xeorreferenciado coa distribución do lixo nos bancos marisqueiros nos que realizaranse as limpezas. @s mariscador@s a pé recollerán e retirarán manualmente os residuos do chan mariño, transportándoos a pé, en capachos, ata o punto de almacenamento onde se clasificarán segundo a súa tipoloxía de material en plástico, textil, metal, goma, vidro/cerámica, produtos naturais e variados. As zonas de traballo deste proxecto serán a Enseada da Barca (Dende a Rampa do Seixo ata o Peirao de atraque de Reganosa), A Enseada de Santa Lucía (Dende o Peirao de atraque de Reganosa ata a Punta Leiras), as praias de Mugardos e a Bestarruza (Dende Punta Leiras ata a parte oeste da Enseada do Baño), a Enseada do Baño (Dende O Moceno ata os peiraos de Marracoi en Punta Redonda) e Punta Redonda (Dende os peiraos de Marracoi ata a baliza do Castelo da palma)

Datas previstas de execución: xuño, agosto e setembro 2022