Proyectos
Con data 13 de Agosto publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ( BOP núm 153) que esta Confraría recibiú unha subvención aprobada correspondente a CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORES E MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2021.
OBXECTO DA SUBVENCIÓN : DESENROLO DE TRABALLO PARA ATOPAR NOVAS FORMAS DE COMERCIALIZAR, DAR SAIDA A NOVOS PRODUCTOS E MELLORAR A PRODUCIÓN.
CANTIDADE CONCEDIDA : 18.500 Euros.
CÓDIGO DO EXPEDIENTE : 2021000017019
Con esta subvención permítese a cobertura de dous postos de traballo ao longo do ano 2021, un a media xornada e outro a xornada completa. Este persoal é o que se encargará de intentar acadar o obxecto da subvención, á marxe doutras tarefas que xa están establecidas na Confraría.
A Consellería do Mar concedeu á Confraría de Mugardos unha axuda, financiada nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a realización de proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.
PE209F-2021/08: “Proxecto recollida de residuos Confraría de Mugados 2021”
Importe total concedido: 14.891,56 €
Obxectivo xeral do proxecto: retirada do lixo mariño acumulado nas autorizacións marisqueiras a pé da confraría de Mugardos para favorecer a biodiversidade dos ecosistemas mariños e recuperar as zonas alteradas pola acción antropoxénica.
Obxectivos específicos:
1.- Retirada física dos residuos.
2.- Almacenamento, clasificación, caracterización e tratamento dos residuos.
3.- Achega da información obtida nas xornadas de traballo.
4.- Utilizar a información do traballo realizado para divulgación deste tipo de accións.
Descrición do proxecto: O proxecto consistirá na localización, retirada, cuantificación, cualificación, almacenamento e reciclaxe dos residuos menos deteriorados e traslado de toda a información recollida nestes procesos. As zonas obxectivo do proxecto serán Punta Redonda (desde a beira este de a Enseada de Ou Baño ata o Faro da Palma), a Enseada de Santa Lucía (desde Punta Leiras ata o peirao de atracada de Forestal do Atlántico) e a Praia de Mugardos.
Datas previstas de execución: agosto e setembro 2021.
A Confraría recibiu unha axuda da Deputación da Coruña correspondente á "convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia de A Coruña para actividades durante o ano 2020".
Obxecto da subvención: "Novas formas de comercializar os produtos existentes, dar saida a outros novos e mellorar a produción (salarios e seguridade social)".
Importe concedido: 18.000 €
Código expediente: 2020000011616
Esta axuda permite a contratación por parte da Confraría de dous postos administrativos durante todo o ano 2020. Un cun contrato de 20 h de traballo á semana e outro cun contrato a xornada completa.
Este persoal é o encargado das relacións cos clientes habituais da entidade, así como da procura de novos clientes, que permitan mellorar a comercialización dos produtos. Ademais, desde principios do ano 2020, instalouse un novo programa de traballo ( LonxasGalegas 4.0) que inclúe unha parte que permite realizar a poxa dos produtos de forma telemática, labor que realizan tamén os administrativos da confraría.
A Consellería do Mar concedeu á Confraria de Mugardos unha axuda, financiada nun 75% polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribuan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas:
PE209C-2020F-052. "Proxecto para a conservación e protección dos recusos mariños vivos e os seus ecosistemas da Confraría de Mugardos para os anos 2020/2021".
Importe total concedido: 52.416 €
Prazo: Dende o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021
Obxecto da operación:
a) Elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños vivos. Avaliacion do estado de conservación e da biodiversidade nos paraxes de Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de importancia para os organismos mariños.
b) Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños. Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras. Seguimento e vixiancia dos hábitats e das especies. Cartografado da actividade extractiva realizada polos socios da entidade. Seguimento de indicadores de abundancia, da composición específica das capturas e da súa estrutura de tamaños.
c) Formación dos/as mariscadores/as orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven.
d) Aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos/as mariscadores/as, podendo incluir campañas de divulgación.
e) Contribución á vixiancia epidemiolóxica: envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
f) Operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, que se levarán a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de marisqueo.
O proxecto consistiu na repoboación, con 4.120.000 individuos de semente da especie autóctona ameixa babosa na Enseada da Barca, dunha superficie de 40.000 metros cadrados nos niveis intermareais medio e baixo desta zona en outono do ano 2020.
Se repoblou a zona con 4.120.000 individuos de semente de ameixa babosa de talla comprendida entre 15-18 mm, procedente de criadeiro, nunha superficie de 40.000 metros cadrados. A acción realizouse en cinco xornadas sementando 1.030.000 individuos do total da partida en cada unha de elas a unha densidade de 103 individuos por metro cadrado no mes de outono do 2020. O grado de execución de dita acción foi do 100%.
Cada unha destas sementeiras se procedeu do seguinte xeito: 1. Remoción mecanizada da superficie a sementar para facilitar o enterramento co vehículo propio da confraría de pescadores de Mugardos. 2. Colocación de nasas por parte dunha embarcación antes e despois de realizar a sementeira para o control de depredarores, principalmente Carcinus maenas. 3. Distribución a man da semente que realizarán as/os mariscadoras/es. A realización de dita acción acadou o 100% do obxectivo aumentando o stock e tendo a priori unha boa fixación dos organismos.
Os obxetivos xerais son dous os que se pretenden acadar: 1. Restauración do equilibrio das especies autóctonas de moluscos infaunais na Enseada da Barca e que este equiibrio redunde na totalidade da Ría de Ferrol. 2. Contribuír a conservación e restauración de hábitats naturais e salvaxes. Ambos foron realizados coas accións encomendadas e descritas a continuación:
Os obxetivos deste proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75% son: a restauración do equilibrio das especies autóctonas de moluscos infaunais na Enseada do Baño e que este equilibrio redunde na totalidade da Ría de Ferrol; e contribuír a conservación e restauración de hábitats naturais e salvaxes. Os resultados acadados foron favorables e positivos. O proceso consistiu na mellora de substarto coa adicción de sedimento, remoción e sementeira de ameixa babosa.
O proxecto esta formado por dúas accións a realizar na Enseada do Baño, sendo a primeira delas unha adición de substrato nunha superficie de 12.000 metros cadrados no nivel intermareal baixo desta zona para incrementar a estrutura do sedimento e a segunda unha repoboación con 947.369 individuos de semente da especie autóctona ameixa babosa na zona rexenerada.
A parte correspondente a adición e mellora de substrato é realizada por diversas tarefas que corresponden a: unha remoción mecanizada previa o vertido do árido na superficie a rexenerar; a compra, acopio, translado e vertido do árido na zona obxetivo do proxecto e unha nova remoción para a homoxenización do novo substrato unha vez realizado o vertido.
As tarefas de remoción mecanizadas anteriores e posteriores a adición do novo substrato foron de dúas xornadas de traballo cada unha delas e o traballo de compra, acopio e vertido do árido de catro xornadas nas preamares das mareas mortas. O acopio se realizou no peirao de Ferrol e o transporte ata a ensenada do Baño e vertido do árido levouse a cabo por mar. O grado de execución de dita acción foi do 100%, conseguindo mezclar ambos substratos e mellorar a superficie existente co aporte do árido.
A parte correspondente coa sementeira de ameixa babosa realizouse coa repoboación na zona con 947.369 individuos de semente de talla comprendida entre 15-18 mm, procedente de criadeiro, nunha superficie de 12.000 metros cadrados. A acción foi executada nunha xornada sementando a unha densidade de 78.94 individuos por metro cadrado no mes de outono de 2020.
Cada unha destas sementeiras se procedeu do seguinte xeito: 1. Remoción mecanizada da superficie a sementar para facilitar o enterramento co vehículo propio da confraría de pescadores de Mugardos. 2. Distribución a man da semente que realizarán as/os mariscadoras/es. 3. Cubrición con rede da zona ata o enterramento da semente. A realización de dita acción acadou o 100% do obxectivo aumentando o stock e tendo a priori unha boa fixación dos organismos.