AXUDAS A TRIPULANTES DE BUQUES PESQUEIROS

AXUDAS A TRIPULANTES DE BUQUES PESQUEIROS

 

AXUDAS A TRIPULANTES DE BUQUES PESQUEIROS

CONSELLERÍA DO MAR:

ORDE do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2023 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE119A).

Esta orde ten por obxecto establecer a convocatoria para o ano 2023 e as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. Código de procedemento administrativo PE119A.

Artigo 6. Requisitos específicos das persoas beneficiarias

Sen prexuízo do anterior, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:

– Ter menos de 40 anos de idade no momento de presentar a solicitude de axuda.

– Estar de alta ou situación asimilada á alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.

– Ter traballado, cando menos, cinco anos como pescador ou ter a titulación profesional exixida segundo o tipo de embarcación que se vai adquirir (segundo o establecido no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro).

– O buque que adquira ten que estar operativo e inscrito no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, ter unha eslora total inferior a 24 m, entre 5 e 30 anos de antigüidade, estar equipado para a pesca mariña e pertencer a un segmento de frota que no informe de capacidade pesqueira, vixente no momento da solicitude, a que se refire o artigo 22.2 do Regulamento (UE) núm. 1380/2013, amose equilibrio coas posibilidades de pesca. Malia o anterior, antes da concesión da axuda o buque deberá ter a situación de estar en equilibrio (isto aplicaríase no caso de que entrase en vigor un novo informe de capacidade antes da concesión da axuda).

– A compra pode realizarse na súa totalidade ou de forma parcial; neste caso, se o buque é adquirido por máis dun beneficiario, a totalidade das axudas concedidas para esta compra debe cumprir o número 2 do artigo 9.

– Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio, nos termos indicados no artigo 12 desta orde, e non poderán estar finalizados nin pagados antes da data da presentación da solicitude.

Prazo de presentación das solicitudes: 06.02.2023.