PROXECTO: PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA – LONSOLAR

Enviado por MANUEL PACHECO… el Mar, 09/01/2024 - 11:24
guarda5

Esta  Confraria ven a ser beneficiaria dos fondos FEMPA (Fondo Europeo de Marítimo de Pesca e Acuicultura) 2021-2027; cunha resolución aprobada pola Conselleria do Mar, cunha axuda ao abeiro da extratexía de Desenvolvemento local participativo aprobado ao Grupo de Acción Local  do sector pesqueiro da Ria de Vigo-A Guarda, a través do procedemento PE155A, co número de expediente: PE155A-2023-00089.

Este proxecto é bianual polo que se vai a desenvolver nos anos 2023 e 2024, cunha inversión no ano 2023 de 118,58 €uros e no ano 2024 de 28649,78 €uros.

O importe da subvención ascende a 26466,88 €uros, dos que o 70% (18526,82 €uros) son de fondos FEMPA e o 30% (7940,06 €uros) a Comunidade Autónoma de Galicia.

Dado que a inversión total do proxecto ascende a 28768,36 €uros, e o importe subvencionado son 26466,88 €uros, este proxecto está subvencionado nun 92%.

O proxecto consiste en dúas partes, a primeira que se desenvolverá no ano 2023 consiste na instalacións de carteis polas instalacións da lonxa e confraria, para que os usuari@s se conciencen no uso de boas prácticas de aforro e eficiencia enerxética e a separación de lixo; os carteis están en puntos extratéxicos onde os usuarios realizan actividade e desta forma tratar de mellorar e aforrar co menxase dos carteis.

A segunda parte constará da instalación de paneis solares fotovoltaica para autoconsumo, que irán instalados nos tellados da lonxa e nave multiusos; con esta instalación aproveitarase a luz solar para xerar corriente para uso propio nas nosas dependencias, e desta forma aforrar no gasto de electricidade e pasar a utilizar enerxias verdes e renovables.