Enviado por
MANUEL PACHECO…
el
Sáb, 04/05/2024 - 08:35
A Confraría de Pescadores "Santa Tecla" de A Guarda (Pontevedra) está a desenvolver dende o 1 de xullo de 2023 e ata o 30 de xuño de 2024, un proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños financiado polos fondos FEMPA nun 70% e tramitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento pesqueiro.
O obxectivo do proxecto é reforzar a xestión dos recursos marisqueiros para garantir unha actividade económica social e ambientalmente sustentable
Este proxecto foi cofinanciado polo FEMPA nun 70% (54502,56 €uros) e pola Comunicade Autónoma de Galicia nun 30% (23358,24 €uros), ascendendo o importe da subvención a 77860,80 €uros