ADAPTA PE209G 2022/37

Enviado por Cofradia Arcade o Mér, 30/11/2022 - 10:43

A lonxa de Arcade é o edificio onde os socios da Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Arcade desenvolven a súa actividade comercial. Na mesma ten lugar unha parte moi importante das tarefas de comercialización dos produtos capturados polas persoas pescadoras e mariscadoras socias da entidade. Tratase dunha construción que leva construída dende hai décadas na que foi preciso realizar as operacións de mantemento que se enumeran a continuación: 

Acondicionamento das paredes, tanto interiores como exteriores: limpeza,  saneamento das gretas e dos escorchóns que se atopen, e pintado.

Mellora das carpinterías e vidros: reparando ou cambiando as portas e fiestras corredoras e saneando e pintando as rexas.    

Adaptación dos chans

Actuacións sobre a zona do portalón: tanto na rampa, que debido á elevada pendente complica as operacións a realizar co carretillo, como sobre a guía sobre a que se despraza o mesmo.

Actuacións sobre as piscinas de estabulación de anguías

1_cartel_adapta.pdf (307.56 KB)