Enviado por
Cofradia Arcade
o
Ven, 10/12/2021 - 13:17
A Confraría de Pescadores VIrxe do Carmen de Arcade é a mais relevante en Galicia en canto á venta de anguias. A tempada de extracción comprende dende febreiro a outubro, e antes da sua posta en venta a anguia permanece estabulada unhas horas ou quizas un par de xornadas nunhas piscinas que se atopan na lonxa de Arcade. A temperatura da auga nas mesmas pode, sobre todo no verán, constituir un problema, de xeito que a Confraría presentou un proxecto ao GALP7 Ria de VIgo A Guarda para instalar un equipo circuito de agua pechada dotado dunha unidade frigorítfica. Este proxecto foi aprobado e recibiu unha axuda de 10.035 euros dos que o 85% (8.529,75) proceden do FEMP.
noticia.pdf
(1.52 MB)