Enviado por
Cofradia Arcade
o
Xov, 21/09/2023 - 11:28
A acción realizada ao abeiro deste proxecto consistiu na instalación de 8 sensores de luz en distintas salas da lonxa de Arcade. O obxectivo que se perseguía era a incorporación á lonxa de sensores de luz para reducir o contacto dos usuarios cos elementos e superficies, de xeito que se evite a súa contaminación. Compre indicar que nunha xornada de traballo habitual poden pasar polo edificio da lonxa e as súas instalacións (oficinas, corredores, aseos) mais de 100 persoas, podéndose xuntar entre 30-50 persoas ao mesmo tempo. Coa instalación dos sensores de luz nas zonas comúns: corredores e aseos, se reduce a posibilidade de contaxio como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
cartel_sensores.pdf
(308.33 KB)