Noticias
Nos derradeiros meses a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pubicou resolucións que alteran os períodos para xustificar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión de 2020. Ditos cambios veñen motivados pola excepcionalidade xerada pola pandemia do COVID-19 ao longo deste ano 2020. Deste xeito, o período comprendido entre o 16 de marzo e o 31 de decembro desta anualidade excluirase do período de cálculo para demostrar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión.
DIVULGACIÓN DO PROXECTO COLECTIVO, FINANCIADO POLO FEMP, PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA A TRAVÉS DA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS. ESTA DIVULGACIÓN WEB SUBSTITÚE Á XORNADA INFORMATIVA PROGRAMADA, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA E AS OBRIGADAS RESTRICIÓNS SOCIAIS.
Existen moitos xeitos de experimentar, vivir e transmitir o mar e iso é o que busca demostrar a iniciativa de turismo mariñeiro inclusivo Sensea, enmarcada no proxecto Ecodestin_3IN financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e no que a Consellería do Mar participa como beneficiario.
A través de iniciativas como Sensea buscamos por en valor os destinos náuticos de Galicia como destinos accesibles e integradores para persoas con discapacidade visual e mobilidade reducida e posicionar a Galicia como destino econáutico europeo. Así o expliquei hoxe en Baiona durante o evento promocional desta iniciativa.