Enviado por
JDPITA
el
Mar, 10/12/2024 - 14:06
A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209G-2024-00043 "ILLAMENTO DA CONFRARÍA DE BARALLOBRE 2024" ao amparo da Orde do 28 de Decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestructuras dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos fondeaderos, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e tramitada como expediente anticipado de gasto (DOG nº 22 do 31 de Xaneiro de 2024). (código de procedemento PE209G) nun 70% e a Comunidade Autónoma nun 30%, por un importe total de 41.070,00 euros, consistente na mellora do illamento da Confraría de Barallobre 2024 como medida para a mellora da seguridade das infraestructuras fronte a eventos meteorolóxicos.