REXENERACIÓN MANIÑOS 2023

Enviado por JDPITA el Lun, 06/11/2023 - 13:24

A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209H-2023-010 "REXENERACIÓN MANIÑOS 2023" ao amparo da orde de axudas do 29 de Decembro do ano 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipo de gasto (código de procedemento PE209H), por un importe total de 14.960 euros, consistente na compra de semente de Ameixa Xaponesa de (15-18 mm) de tamiz para a semente na praia de maniños.