Proxectos

, , , ,

A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209G-2023/64 "MODERNIZACIÓN LONXA BARALLOBRE 2023" ao amparo da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209G) nun 75% e a Comunidade Autónoma nun 25%, por un importe total de 15.904 euros, consistente na mellora da accesibilidade e mellora da ventilación da Confraría de Barallobre.

, , ,

A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209G-2023/26 "EQUIPAMENTOS PARA TRABALLO CON CARGAS DA CONFRARIA DE BARALLOBRE" ao amparo da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209G) nun 75% e a Comunidade Autónoma nun 25%, por un importe total de 26.683 euros, consistente na compra de equipamento para movemento de cargas da Confraría de Barallobre.

A Confraría de Barallobre foi beneficiaria de unha axuda para a realización do proxecto: “ACCIONS FORMATIVAS 2023 CONFRARÍA DE BARALLOBRE” PROCEDEMENTO PE610A, da orde do 3 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro por importe de 44.362,20 euros sendo executados finalmente 25.960 euros e realizando nestes meses os seguintes cursos: 2 Cursos de Formación sanitaria específica inicial, 1 Curso de actualización de formación sanitaria específica inicial, 1 Curso de uso práctico de teléfono móbil intelixente, 1 Curso de uso do pc no día a día. Todos estos cursos son financiados co 75% pola Ue e o 25% pola Comunidade Autónoma de Galicia (Xunta de Galicia)

A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209G-2022/13 "CARRETILLA ELEVADORA 2022" ao amparo da orde de axudas do 4 de Xaneiro do ano 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembardos da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209G) nun 75% e a Comunidade autónoma nun 25% , por un importe total de 49.300 euros, consistente na compra dunha Carretilla elevadora.

,

Vimos de desenrolar parte do proxecto GALP2-156 MELLORA DA ACTIVIDADE DA LONXA DE BARALLOBRE ao amparo da orde de axudas do 21 de decembro de 2018 da Consellería do Mar (DOG nº 22 de 31 de xaneiro de 2019) presentado pola COFRADIA DE PESCADORES SANTIAGO APOSTOL DE BARALLOBRE ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019, sendo financiado un 85% polo FEMP (Unión Europea) e o 15% restante (Xunta de Galicia) por un importe de 8.499 EUROS para a compra de un ORDENADOR E unha MÁQUINA DE ENVASADO.

Vimos de desenrolar o proxecto GALP2-149 REMOLQUE PARA EMBARCACIÓNS ao amparo da orde de axudas do 21 de decembro de 2018 da Consellería do Mar (DOG nº 22 de 31 de xaneiro de 2019) presentado pola COFRADIA DE PESCADORES SANTIAGO APOSTOL DE BARALLOBRE ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019, sendo financiado un 85% polo FEMP (Unión Europea) e o 15% restante (Xunta de Galicia) por un importe de 1.818,19 euros, neste caso trátase dun remolque para embarcacións.