Xarda

Peixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos.

Presenta unha especie de aletiñas (pínnulas) próximas ao rabo, tanto no dorso coma no ventre. Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez aos dous ou tres anos e reprodúcese entre os meses de maio e xullo.

Pode atoparse ata os 200 metros de profundidade, aínda que a finais da primavera se achega á costa en grandes bancos e entra nas rías, nadando a medias augas. No inverno regresa a augas máis profundas. É unha especie moi abundante en canto ás capturas e de gran presenza nos mercados. Péscase cando se achega á costa con cerco e tamén, ás veces, con liña (curricán). Está suxeita a cotas, normalmente captúrase o primeiro trimestre do ano.

Imagen especie
Tipo especie
Nombre latin
Scomber scombrus
Enlace url
/xarda