DIXITALIZACIÓN DAS CONFRARÍAS DO GALP COSTA SOSTIBLE

DIXITALIZACIÓN DAS CONFRARÍAS DO GALP COSTA SOSTIBLE

 

Ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2023 da Consellería do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código procedemento PE155A), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou, xunto as Confrarías de Noia, Fisterra, Lira e Portosín o proxecto conxunto: DIXITALIZACIÓN DAS CONFRARÍAS DO GALP COSTA SOSTIBLE.

Obxectivo xeral do proxecto: 

  1. Dixitalizar os procesos administrativos das confrarías participantes. A sede electrónica busca habilitar nas confrarías dunha plataforma en liña que permita realizar trámites dunha forma máis cómoda e eficiente.

Obxectivos particulares:

  1. Simplificar os procesos administrativos: Reducir a burocracia e axilizar os trámites administrativos, eliminando a necesidade de trámites presenciais e en papel. Co consecuente aforro de tempo e maior eficiencia operativa
  2. Mellorar a transparencia e a comunicación: Proporcionar unha canle de comunicación transparente entre os cidadáns/empresas e as confrarías..
  3. Aumentar a eficiencia e a produtividade na gobernanza e co-xestión pesqueira: mediante a automatización dos procesos e o uso da tecnoloxía dixital, as confrarías poden mellorar a súa eficiencia administrativa e prestar un mellor servizo, reducindo os tempos de resposta e os erros humanos.
  4. Maior accesibilidade: acceso máis sinxelo e cómodo aos servizos das confrarías. Isto inclúe a posibilidade de completar transaccións en liña as 24 horas do día, os 7 días da semana, desde calquera lugar con acceso a Internet.
  5. Aforro de custos: ao reducir a necesidade de desprazamentos físicos e de manexo de documentos en papel.
  6. Fortalecemento das competencias dixitais no territorio: A inclusión de ferramentas tecnolóxicas nos organos de goberno locais.