MELLORA DA CALIDADE DOS PRODUTOS PROCEDENTES DA PESCA MEDIANTE EQUIPOS DE PESADA PARA A LONXA DE CORCUBIÓN

MELLORA DA CALIDADE DOS PRODUTOS PROCEDENTES DA PESCA MEDIANTE EQUIPOS DE PESADA PARA A LONXA DE CORCUBIÓN

 

  • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da Calidade dos produtos procedentes da pesca mediante equipos de pesada para a lonxa de Corcubión".
  • O obxecto deste proxecto é mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca mediante unha correcta xestión no proceso de pesada na lonxa. Para isto, investiuse nunha transpaleta con báscula.