Enviado por
COFRADIA
el
Lun, 11/11/2024 - 12:47
Ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "RECUPERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".
Este proxecto ten como obxectivos principais:
- Recuperar e conservar os hábitats mariños intermareais en favor de poboacións de especies de interese marisqueira dos bancos marisqueiros da entidade.
- Mellorar a biodiversidade e os servicios ecosistémicos dos bancos marisqueiros da entidade.
E como obxectivos específicos:
- Incremento da biodiversidade mariña nos bancos marisqueiros da entidade.
- Recuperar os hábitats mariños intermareais realizando sementeira e reacondicionamento do substrato nos bancos marisqueiros de interese.
- Conservar os hábitats mariños intermareais realizando labores de restauración da biodiversidade nos bancos marisqueiros da entidade.
- Mellorar os servicios ecosistémicos de provisión do alimento, grazas ao incremento da produtividade marisqueira, e de regulación e mantemento mediante a mellora do ciclo de nutrientes.
- Mellorar os servicios ecosistémicos culturais e socioeconómicos co mantemento e continuidade da profesión tradicional de mariscador a pé.