RECUPERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

Enviado por COFRADIA o Lun, 11/11/2024 - 12:47
RECUPERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

Ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "RECUPERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".

Este proxecto ten como obxectivos principais:

  1. Recuperar e conservar os hábitats mariños intermareais en favor de poboacións de especies de interese marisqueira dos bancos marisqueiros da entidade.
  2. Mellorar a biodiversidade e os servicios ecosistémicos dos bancos marisqueiros da entidade.

E como obxectivos específicos:

  1. Incremento da biodiversidade mariña nos bancos marisqueiros da entidade.
  2. Recuperar os hábitats mariños intermareais realizando sementeira e reacondicionamento do substrato nos bancos marisqueiros de interese.
  3. Conservar os hábitats mariños intermareais realizando labores de restauración da biodiversidade nos bancos marisqueiros da entidade.
  4. Mellorar os servicios ecosistémicos de provisión do alimento, grazas ao incremento da produtividade marisqueira, e de regulación e mantemento mediante a mellora do ciclo de nutrientes.
  5. Mellorar os servicios ecosistémicos culturais e socioeconómicos co mantemento e continuidade da profesión tradicional de mariscador a pé.