Listado de proyectos

Proyectos

Proxectos

 

  • DIXITALIZACIÓN DAS CONFRARÍAS DO GALP COSTA SOSTIBLE

    27 Decembro 2023

    Ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2023 da Consellería do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código procedemento PE155A), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou, xunto as Confrarías de Noia, Fisterra, Lira e Portosín o proxecto conxunto: DIXITALIZACIÓN DAS CONFRARÍAS DO GALP COSTA SOSTIBLE. Obxectivo xeral do proxecto: 

  • Dixitalizar os procesos administrativos das confrarías participantes. A sede electrónica busca habilitar nas confrarías dunha plataforma en liña que permita realizar trámites dunha forma máis cómoda e eficiente.
  • Obxectivos particulares:
  • Simplificar os procesos administrativos: Reducir a burocracia e axilizar os trámites administrativos, eliminando a necesidade de trámites presenciais e en papel. Co consecuente aforro de tempo e maior eficiencia operativa
  • Mellorar a transparencia e a comunicación: Proporcionar unha canle de comunicación transparente entre os cidadáns/empresas e as confrarías..
  • Aumentar a eficiencia e a produtividade na gobernanza e co-xestión pesqueira: mediante a automatización dos procesos e o uso da tecnoloxía dixital, as confrarías poden mellorar a súa eficiencia administrativa e prestar un mellor servizo, reducindo os tempos de resposta e os erros humanos.
  • Maior accesibilidade: acceso máis sinxelo e cómodo aos servizos das confrarías. Isto inclúe a posibilidade de completar transaccións en liña as 24 horas do día, os 7 días da semana, desde calquera lugar con acceso a Internet.
  • Aforro de custos: ao reducir a necesidade de desprazamentos físicos e de manexo de documentos en papel.
  • Fortalecemento das competencias dixitais no territorio: A inclusión de ferramentas tecnolóxicas nos organos de goberno locais.
  • PROMOCIÓN E MELLORA DAS CONDICIÓNS DE VENDA DOS PRODUTOS DO MAR COMERCIALIZADOS NA LONXA DE CORCUBIÓN

    26 Outubro 2023

    • A Diputación da Provincia da Coruña aprobou a concesión dunha subvención a Confraría de Pescadores de Corcubión ao abeiro do programa: FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2023 (BOP Nº 179 do martes 19 de septiembre de 2023).
    • A subvención ten por obxecto a PROMOCIÓN E MELLORA DAS CONDICIÓNS DE VENDA DOS PRODUTOS DO MAR COMERCIALIZADOS  NA LONXA DE CORCUBIÓN

  • MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA A TRAVÉS DA MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE FRÍO

    21 Agosto 2023

    • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da eficiencia enerxética a través da mmodernización das instalacións de frío".
    • O obxectivo do proxecto é mellorar a eficiencia enerxética mediante o aforro enerxético nas instalacións de frío existentes.
    • Este proxecto materializase coa substitución dos compresores, evaporadores, e condensadores das cámaras frigoríficas, do xerador de xeo e do viveiro de marisco, por uns equipos máis eficientes e mediante a instalación dun cadro eléctrico con variador de frecuencia e de velocidade. Isto suporá un aforro estimado dun 40% respecto do consumo actual.

  • MELLORA DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DAS PERSOAS PESCADORAS MEDIANTE A INVERSIÓN EN EQUIPOS DE MOVEMENTO DE CARGAS

    21 Agosto 2023

    • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de Corcubión presentou o proxecto "Mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras mediante a inversión en equipos de movementos de cargas"
    • O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras que operan neste porto e potenciar a autonomía das persoas traballadoras da lonxa. Para tal fin, invisteuse nun apilador eléctrico.

  • MELLORA DA CALIDADE DOS PRODUTOS PROCEDENTES DA PESCA MEDIANTE EQUIPOS DE PESADA PARA A LONXA DE CORCUBIÓN

    21 Agosto 2023

    • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da Calidade dos produtos procedentes da pesca mediante equipos de pesada para a lonxa de Corcubión".
    • O obxecto deste proxecto é mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca mediante unha correcta xestión no proceso de pesada na lonxa. Para isto, investiuse nunha transpaleta con báscula. 

  • PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA ACTIVA DE LIXO MARIÑO POLOS MARISCADORES A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

    10 Abril 2023

    Ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto, a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA ACTIVA DE LIXO MARIÑO POLOS MARISCADORES A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN". Este proxecto ten como obxetivos:

  • Recuperar e protexer a biodiversidade mariña dos nosos ecosistemas costeiros mediante a recollida activa de residuos mariño no ámbito territorial da Confraría de pescadores de Corcubión.
  • Reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca pantasma mediante a implicación das persoas mariscadoras a pé na súa recollida no intermareal.
  • Mellorar a calidade do substrato nas zonas de explotación do Plan de Xestión de moluscos bivalvos e gasterópodos a pé coa retirada do lixo mariño.
  • O Plan MarLimpo elaborado pola Consellería do Mar pretende contribuír a acadar un ambiente costeiro e mariño limpo, saudable, produtivo e bioloxicamente diverso que satisfaga as necesidades a longo prazo das persoas. Con este plan espérase acadar unha redución da cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras e que o sector pesqueiro integre nas súas operativas boas prácticas que contribúan á protección do medio mariño e, polo tanto, á explotación sustentable dos seus recursos.

  • MODERNIZACIÓN DO ALMACÉN DE PESCA NO PORTO DE CORCUBIÓN

    23 Novembro 2022

    •  Ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Modernización do almacén de pesca no porto de Corcubión".
    • O obxecto deste proxecto é modernizar as instalacións deste porto vinculadas a actividade pesqueira da lonxa para preservar a seguridade e as condicións de traballo das persoas que operan no porto de Corcubión. 
    • Este proxecto materialízase na construción dun almacén que incluirá un arquivo, vestiarios e aseos para a xente do mar.

  • MELLORA DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DAS PERSOAS QUE OPERAN NO PORTO DE CORCUBIÓN

    30 Agosto 2022

    •  Ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras que operan no porto de Corcubión".
    • O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade, a saúde e as condicións de traballo dos operarios e persoas que operan na lonxa de Corcubión mediante a inversión en novos equipamentos que faciliten as labores de carga, descarga, movemento de palés, contedores e outras cargas derivadas da actividade pesqueira deste porto.  Para isto, ivestiuse nunha carretilla elevadora e duas transpaletas como equipos de movementos de cargas. 

  • PROXECTO PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA MEDIANTE A RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO NO ÁMBITO TERRITORIAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

    27 Xuño 2022

  • PROXECTO DE PROMOCIÓN E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS DA LONXA DE CORCUBIÓN

    27 Xuño 2022

    • A Diputación da Provincia da Coruña ven de aprobar a concesión dunha subvención a Confraría de Pescadores de Corcubión ao abeiro do programa: FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2022 (BOP Nº 114 do xoves 16 de xuño 2022).
    • A subvención ten por obxecto a PROMOCIÓN E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS DA LONXA DE CORCUBIÓN.
       

  • PROXECTO DE FOMENTO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS DO ÁMBITO DA LONXA DE CORCUBIÓN

    28 Xaneiro 2022

  • ACTIVIDADES DE FORMACIÓN NO PORTO DE CORCUBIÓN

    28 Xaneiro 2022

    • Ao abeiro da ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto  "Actividades de formación no porto de Corcubión".
    • Con este proxecto preténdese cubrir as necesidades de formación do colectivo de traballadores do sector pesqueiro que opera neste porto e nesta comarca. Os cursos que se ofertan permiten os traballadores do mar formarse para cumprir coa formación esixida segundo normativa marítimo pesqueira para exercer o seu posto de traballo así como promover a formación continua, o emprendemento e mellorar a competitividade e a seguridade da flota pesqueira e por tanto, dos portos pesqueiros. Ase mesmo, tamén se pretende ofertar formación que mellore as competencias e a formación na extraccións dos recursos mariños e procurar unha explotación mais sustentable dos mesmos.
    • As actividades de formación incluídas neste proxecto son: 
      • Curso de formación sanitaria específica inicial
        • A través desta formación capacítase ós traballadores do mar para reaccionar eficazmente ante posibles accidentes que se produzan a bordo das embarcacións e realizar unha inmediata atención ós enfermos. Teñan coñecementos en primeiros auxilios e técnicas de enfermería básica, normas de hixiene, manexo do botiquín C e da comunicación médica por radio.
      • Curso de actualización de formación sanitaria especifica inicial
        • A través deta formación os traballadores do mar poden actualizar os coñecementos en formación sanitaria específica inicial, de tal forma que melloren as súas habilidades e os seus coñecementos para atender posibles situacións de emerxencia a bordo do buque.
      • Curso de aproveitamento de macroalgas
        •  A través deste curso, o alumnado aprendeu a identificar e coñecer as especies de macroalgas mariñas, a súa clasificación, os principais factores que inflúen na distribución destas especies e os seus usos e aplicacións culinarias e na eido da cosmética. Ademais de dar a coñecer os requisitos necesarios para a explotación de macroalgas, as técnicas de conservación de macroalgas e as empresas que comercializan algas en Galicia como potenciais clientes dos profesionais do sector.

  • PROXECTO DE FOMENTO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS DO ÁMBITO DA LONXA DE CORCUBIÓN

    28 Xaneiro 2022

  • PROXECTO DE FOMENTO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS DO ÁMBITO DA LONXA DE CORCUBIÓN

    28 Xaneiro 2022

  • PROXECTO DE FOMENTO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS DO ÁMBITO DA LONXA DE CORCUBIÓN

    28 Xaneiro 2022

  • PROXECTO QUE CONTRIBUE A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA A TRAVÉS DUNHA MELLORA DA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS, ASÍ COMO O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

    19 Novembro 2021

    • Ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código do procedemento PE209C), a confraría de pescadores de Corcubión, presentou o "Proxecto que contribúe a protección e a recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellora da xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como o fomento da sensibilización ambiental".
    • Con este proxecto pretendese conseguir mellorar a xestión das zonas de  produción e o control e seguimento dos plans de explotación das especies mariñas co fin de contribuír a conservación do medio e a protección e recuperación da  biodiversidade mariña, ao mesmo tempo que se mellore as condición de vida e de traballo das persoas que se dedican a esta actividade no ámbito da confraría de Corcubión.
    • Para iso, contemplamos abordar unha serie de obxectivos específicos:
  •  Preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños  da Ría de Corcubión
  • Xestionar de forma sostible a explotación dos recursos mariños
  • Preservar e fomentar o marisqueo como actividade tradicional sostible compatible coa conservación do ecosistema mariño
  • INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

    18 Novembro 2021

    Ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axuda a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o Proxecto Colectivo INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN. O proxecto consiste nunha instalación fotovoltaica para o autoconsumo da lonxa da Confraría de pescadores de Corcubión e o seu obxectivo é contribuír á protección do medio am biente e dos recursos naturais me diante o uso de fontes de enerxía reno vables e menos contaminantes.

  • MODERNIZACIÓN DAS PORTAS DA LONXA DE CORCUBIÓN

    18 Novembro 2021

  • MODERNIZACIÓN DAS PORTAS DA LONXA DE CORCUBIÓN

    17 Novembro 2021

    • Ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axuda a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o Proxecto Colectivo MODERNIZACIÓN DAS PORTAS DA LONXA DE CORCUBIÓN.
    • O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras e usuarios que operan na lonxa de Corcubión mediante a modernización dos portais de acceso ás instalacións da lonxa. Para isto, inverteuse en tres portais automáticos con estrutura de aceiro inoxidable e paneis Trespa.