Proxectos
Ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto, a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA ACTIVA DE LIXO MARIÑO POLOS MARISCADORES A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".
Este proxecto ten como obxetivos:
- Recuperar e protexer a biodiversidade mariña dos nosos ecosistemas costeiros mediante a recollida activa de residuos mariño no ámbito territorial da Confraría de pescadores de Corcubión.
- Reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca pantasma mediante a implicación das persoas mariscadoras a pé na súa recollida no intermareal.
- Mellorar a calidade do substrato nas zonas de explotación do Plan de Xestión de moluscos bivalvos e gasterópodos a pé coa retirada do lixo mariño.
O Plan MarLimpo elaborado pola Consellería do Mar pretende contribuír a acadar un ambiente costeiro e mariño limpo, saudable, produtivo e bioloxicamente diverso que satisfaga as necesidades a longo prazo das persoas. Con este plan espérase acadar unha redución da cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras e que o sector pesqueiro integre nas súas operativas boas prácticas que contribúan á protección do medio mariño e, polo tanto, á explotación sustentable dos seus recursos.
- Ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Modernización do almacén de pesca no porto de Corcubión".
- O obxecto deste proxecto é modernizar as instalacións deste porto vinculadas a actividade pesqueira da lonxa para preservar a seguridade e as condicións de traballo das persoas que operan no porto de Corcubión.
- Este proxecto materialízase na construción dun almacén que incluirá un arquivo, vestiarios e aseos para a xente do mar.
- Ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras que operan no porto de Corcubión".
- O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade, a saúde e as condicións de traballo dos operarios e persoas que operan na lonxa de Corcubión mediante a inversión en novos equipamentos que faciliten as labores de carga, descarga, movemento de palés, contedores e outras cargas derivadas da actividade pesqueira deste porto. Para isto, ivestiuse nunha carretilla elevadora e duas transpaletas como equipos de movementos de cargas.
- A Diputación da Provincia da Coruña ven de aprobar a concesión dunha subvención a Confraría de Pescadores de Corcubión ao abeiro do programa: FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2022 (BOP Nº 114 do xoves 16 de xuño 2022).
- A subvención ten por obxecto a PROMOCIÓN E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS DA LONXA DE CORCUBIÓN.
- Ao abeiro da ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto "Actividades de formación no porto de Corcubión".
- Con este proxecto preténdese cubrir as necesidades de formación do colectivo de traballadores do sector pesqueiro que opera neste porto e nesta comarca.
Os cursos que se ofertan permiten os traballadores do mar formarse para cumprir coa formación esixida segundo normativa marítimo pesqueira para exercer o seu posto de traballo así como promover a formación continua, o emprendemento e mellorar a competitividade e a seguridade da flota pesqueira e por tanto, dos portos pesqueiros. Ase mesmo, tamén se pretende ofertar formación que mellore as competencias e a formación na extraccións dos recursos mariños e procurar unha explotación mais sustentable dos mesmos.- As actividades de formación incluídas neste proxecto son:
- Curso de formación sanitaria específica inicial
- A través desta formación capacítase ós traballadores do mar para reaccionar eficazmente ante posibles accidentes que se produzan a bordo das embarcacións e realizar unha inmediata atención ós enfermos. Teñan coñecementos en primeiros auxilios e técnicas de enfermería básica, normas de hixiene, manexo do botiquín C e da comunicación médica por radio.
- Curso de actualización de formación sanitaria especifica inicial
- A través deta formación os traballadores do mar poden actualizar os coñecementos en formación sanitaria específica inicial, de tal forma que melloren as súas habilidades e os seus coñecementos para atender posibles situacións de emerxencia a bordo do buque.
- Curso de aproveitamento de macroalgas
- A través deste curso, o alumnado aprendeu a identificar e coñecer as especies de macroalgas mariñas, a súa clasificación, os principais factores que inflúen na distribución destas especies e os seus usos e aplicacións culinarias e na eido da cosmética. Ademais de dar a coñecer os requisitos necesarios para a explotación de macroalgas, as técnicas de conservación de macroalgas e as empresas que comercializan algas en Galicia como potenciais clientes dos profesionais do sector.