Proyectos

Ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto, a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA ACTIVA DE LIXO MARIÑO POLOS MARISCADORES A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".

Este proxecto ten como obxetivos:

  1. Recuperar e protexer a biodiversidade mariña dos nosos ecosistemas costeiros mediante a recollida activa de residuos mariño no ámbito territorial da Confraría de pescadores de Corcubión.
  2. Reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca pantasma mediante a implicación das persoas mariscadoras a pé na súa recollida no intermareal.
  3. Mellorar a calidade do substrato nas zonas de explotación do Plan de Xestión de moluscos bivalvos e gasterópodos a pé coa retirada do lixo mariño.

O Plan MarLimpo elaborado pola Consellería do Mar pretende contribuír a acadar un ambiente costeiro e mariño limpo, saudable, produtivo e bioloxicamente diverso que satisfaga as necesidades a longo prazo das persoas. Con este plan espérase acadar unha redución da cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras e que o sector pesqueiro integre nas súas operativas boas prácticas que contribúan á protección do medio mariño e, polo tanto, á explotación sustentable dos seus recursos.

  •  Ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Modernización do almacén de pesca no porto de Corcubión".
  • O obxecto deste proxecto é modernizar as instalacións deste porto vinculadas a actividade pesqueira da lonxa para preservar a seguridade e as condicións de traballo das persoas que operan no porto de Corcubión. 
  • Este proxecto materialízase na construción dun almacén que incluirá un arquivo, vestiarios e aseos para a xente do mar.
  •  Ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras que operan no porto de Corcubión".
  • O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade, a saúde e as condicións de traballo dos operarios e persoas que operan na lonxa de Corcubión mediante a inversión en novos equipamentos que faciliten as labores de carga, descarga, movemento de palés, contedores e outras cargas derivadas da actividade pesqueira deste porto.  Para isto, ivestiuse nunha carretilla elevadora e duas transpaletas como equipos de movementos de cargas. 
  • A Diputación da Provincia da Coruña ven de aprobar a concesión dunha subvención a Confraría de Pescadores de Corcubión ao abeiro do programa: FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2022 (BOP Nº 114 do xoves 16 de xuño 2022).
  • A subvención ten por obxecto a PROMOCIÓN E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS DA LONXA DE CORCUBIÓN.

 

 

FORMACIÓN NO PORTO DE CORCUBIÓN 2022
  • Ao abeiro da ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto  "Actividades de formación no porto de Corcubión".
  • Con este proxecto preténdese cubrir as necesidades de formación do colectivo de traballadores do sector pesqueiro que opera neste porto e nesta comarca.
    Os cursos que se ofertan permiten os traballadores do mar formarse para cumprir coa formación esixida segundo normativa marítimo pesqueira para exercer o seu posto de traballo así como promover a formación continua, o emprendemento e mellorar a competitividade e a seguridade da flota pesqueira e por tanto, dos portos pesqueiros. Ase mesmo, tamén se pretende ofertar formación que mellore as competencias e a formación na extraccións dos recursos mariños e procurar unha explotación mais sustentable dos mesmos.
  • As actividades de formación incluídas neste proxecto son: 
    • Curso de formación sanitaria específica inicial
      • A través desta formación capacítase ós traballadores do mar para reaccionar eficazmente ante posibles accidentes que se produzan a bordo das embarcacións e realizar unha inmediata atención ós enfermos. Teñan coñecementos en primeiros auxilios e técnicas de enfermería básica, normas de hixiene, manexo do botiquín C e da comunicación médica por radio.
    • Curso de actualización de formación sanitaria especifica inicial
      • A través deta formación os traballadores do mar poden actualizar os coñecementos en formación sanitaria específica inicial, de tal forma que melloren as súas habilidades e os seus coñecementos para atender posibles situacións de emerxencia a bordo do buque.
    • Curso de aproveitamento de macroalgas
      •  A través deste curso, o alumnado aprendeu a identificar e coñecer as especies de macroalgas mariñas, a súa clasificación, os principais factores que inflúen na distribución destas especies e os seus usos e aplicacións culinarias e na eido da cosmética. Ademais de dar a coñecer os requisitos necesarios para a explotación de macroalgas, as técnicas de conservación de macroalgas e as empresas que comercializan algas en Galicia como potenciais clientes dos profesionais do sector.
  • Ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código do procedemento PE209C), a confraría de pescadores de Corcubión, presentou o "Proxecto que contribúe a protección e a recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellora da xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como o fomento da sensibilización ambiental".
  • Con este proxecto pretendese conseguir mellorar a xestión das zonas de  produción e o control e seguimento dos plans de explotación das especies mariñas co fin de contribuír a conservación do medio e a protección e recuperación da  biodiversidade mariña, ao mesmo tempo que se mellore as condición de vida e de traballo das persoas que se dedican a esta actividade no ámbito da confraría de Corcubión.
  • Para iso, contemplamos abordar unha serie de obxectivos específicos:
  1.  Preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños  da Ría de Corcubión
  2. Xestionar de forma sostible a explotación dos recursos mariños
  3. Preservar e fomentar o marisqueo como actividade tradicional sostible compatible coa conservación do ecosistema mariño
MODERNIZACIÓN DAS PORTAS DA LONXA DE CORCUBIÓN
  • Ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axuda a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o Proxecto Colectivo MODERNIZACIÓN DAS PORTAS DA LONXA DE CORCUBIÓN.
  • O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras e usuarios que operan na lonxa de Corcubión mediante a modernización dos portais de acceso ás instalacións da lonxa. Para isto, inverteuse en tres portais automáticos con estrutura de aceiro inoxidable e paneis Trespa.