Proyectos

ACTIVIDADE FORMATIVA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL DO SECTOR PESQUEIRO

Ao abeiro da Orde de 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concurrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de
residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueros, coa participación das personas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209F), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO A PÉ NOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".

Este proxecto consta dunha acción formativa en materia de loita contra o lixo mariño, incluidas as artes de pesca perdidas, ao obxecto de fomentar a prevención e reducción de lixo mariño e promover o papel do sector pesqueiro en dita loita: "Actividade formativa de concienciación ambiental do sector pesqueiro". Dita acción formativa impartirase aos participantes de dito proxecto, os mariscadores a pé da Confraría de Pescadores de Corcubión, e ten como obxectivo concienciar ao sector pesqueiro da problemática ambiental que ocasionan os residuos mariños no mar e nas costas e dotar aos participantes da información necesaria para o correcto manexo e xestión dos residuos mariños en terra.

 

 

RECUPERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

Ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "RECUPERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".

Este proxecto ten como obxectivos principais:

  1. Recuperar e conservar os hábitats mariños intermareais en favor de poboacións de especies de interese marisqueira dos bancos marisqueiros da entidade.
  2. Mellorar a biodiversidade e os servicios ecosistémicos dos bancos marisqueiros da entidade.

E como obxectivos específicos:

  1. Incremento da biodiversidade mariña nos bancos marisqueiros da entidade.
  2. Recuperar os hábitats mariños intermareais realizando sementeira e reacondicionamento do substrato nos bancos marisqueiros de interese.
  3. Conservar os hábitats mariños intermareais realizando labores de restauración da biodiversidade nos bancos marisqueiros da entidade.
  4. Mellorar os servicios ecosistémicos de provisión do alimento, grazas ao incremento da produtividade marisqueira, e de regulación e mantemento mediante a mellora do ciclo de nutrientes.
  5. Mellorar os servicios ecosistémicos culturais e socioeconómicos co mantemento e continuidade da profesión tradicional de mariscador a pé.
Publicidade
  • Ao abeiro da orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitada como expediente anticipado de gasto (Código de procedemento PE209G) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto: FÁBRICA DE XEO NA LONXA DE CORCUBIÓN.
  • O obxecto deste proxecto é mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca mediante o uso de xeo como elemento conservador da cadea de frío e o investimento materialízase nunha instalación para a fabricación de xeo situada no peirao de Corcubión.
  • A Diputación da Provincia da Coruña aprobou a concesión dunha subvención a Confraría de Pescadores de Corcubión ao abeiro do programa: FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2024 (BOP Nº 116, luns 17 de xuño de 2024).
  • A subvención ten por obxecto a MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS DO MAR DA LONXA DE CORCUBIÓN E PROMOCIÓN E APOIO Ó SECTOR PESQUEIRO.

Ao abeiro da orde do 18 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan á reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medioambientalmente sostible (PE209P) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto: "Mellora da xestión dos recursos mariños e dos seus ecosistemas para garantir unha actividade económica, social e medioambiental sostible" 

Con este proxecto preténdese seguir mellorando a xestión dos recursos mariños e dos seus ecosistemas e o control e seguimento dos plans de explotación das especies mariñas co fin de contribuír a unha actividade económica, social e medioambiental sostible.

OBXETIVOS PRINCIPAIS:

  1. Preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños pertencentes ao ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Corcubión.
  2. Xestionar de forma sostible a explotación dos recursos mariños.
  3. Preservar e fomentar a pesca costeira arsenal como actividade tradicional sostible e compatible coa conservación dos ecosistemas mariños.

OBXETIVOS ESPECÍFICOS:

  1. Asesoramento técnico para seguir mellorando a xestión das zonas de explotación mediante os estudos previos e de seguimento das accións levadas a cabo.
  2. Seguir recuperando os stocks das especies explotadas grazas á mellora da xestión dos bancos marisqueiros.
  3. A recuperación dos stocks das especies marisqueiras contribuirán a incrementar a labor marisqueira a medio-longo prazo e poderase, así, propiciar a continuidade da actividade tradicional marisqueira.
  4. Seguir mellorando e realizando o mantemento dunhas condicións axeitadas do medio para xerar condicións de vida máis favorables para os organismos mariños e favorecer a fixación dos xuvenís.

Ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2023 da Consellería do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código procedemento PE155A), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou, xunto as Confrarías de Noia, Fisterra, Lira e Portosín o proxecto conxunto: DIXITALIZACIÓN DAS CONFRARÍAS DO GALP COSTA SOSTIBLE.

Obxectivo xeral do proxecto: 

  1. Dixitalizar os procesos administrativos das confrarías participantes. A sede electrónica busca habilitar nas confrarías dunha plataforma en liña que permita realizar trámites dunha forma máis cómoda e eficiente.

Obxectivos particulares:

  1. Simplificar os procesos administrativos: Reducir a burocracia e axilizar os trámites administrativos, eliminando a necesidade de trámites presenciais e en papel. Co consecuente aforro de tempo e maior eficiencia operativa
  2. Mellorar a transparencia e a comunicación: Proporcionar unha canle de comunicación transparente entre os cidadáns/empresas e as confrarías..
  3. Aumentar a eficiencia e a produtividade na gobernanza e co-xestión pesqueira: mediante a automatización dos procesos e o uso da tecnoloxía dixital, as confrarías poden mellorar a súa eficiencia administrativa e prestar un mellor servizo, reducindo os tempos de resposta e os erros humanos.
  4. Maior accesibilidade: acceso máis sinxelo e cómodo aos servizos das confrarías. Isto inclúe a posibilidade de completar transaccións en liña as 24 horas do día, os 7 días da semana, desde calquera lugar con acceso a Internet.
  5. Aforro de custos: ao reducir a necesidade de desprazamentos físicos e de manexo de documentos en papel.
  6. Fortalecemento das competencias dixitais no territorio: A inclusión de ferramentas tecnolóxicas nos organos de goberno locais.
  • A Diputación da Provincia da Coruña aprobou a concesión dunha subvención a Confraría de Pescadores de Corcubión ao abeiro do programa: FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2023 (BOP Nº 179 do martes 19 de septiembre de 2023).
  • A subvención ten por obxecto a PROMOCIÓN E MELLORA DAS CONDICIÓNS DE VENDA DOS PRODUTOS DO MAR COMERCIALIZADOS  NA LONXA DE CORCUBIÓN
  • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da eficiencia enerxética a través da mmodernización das instalacións de frío".
  • O obxectivo do proxecto é mellorar a eficiencia enerxética mediante o aforro enerxético nas instalacións de frío existentes.
  • Este proxecto materializase coa substitución dos compresores, evaporadores, e condensadores das cámaras frigoríficas, do xerador de xeo e do viveiro de marisco, por uns equipos máis eficientes e mediante a instalación dun cadro eléctrico con variador de frecuencia e de velocidade. Isto suporá un aforro estimado dun 40% respecto do consumo actual.
  • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de Corcubión presentou o proxecto "Mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras mediante a inversión en equipos de movementos de cargas"
  • O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras que operan neste porto e potenciar a autonomía das persoas traballadoras da lonxa. Para tal fin, invisteuse nun apilador eléctrico.
  • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da Calidade dos produtos procedentes da pesca mediante equipos de pesada para a lonxa de Corcubión".
  • O obxecto deste proxecto é mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca mediante unha correcta xestión no proceso de pesada na lonxa. Para isto, investiuse nunha transpaleta con báscula.