GALP2-235 “AUTOMÓBILES PARA MOSTRAXES E VIXILANCIA, ESCÁNER E IMPRESORA

Enviado por saec el Mié, 09/11/2022 - 13:20

 

MEMORIA EXPLICATIVA

Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol

Expediente: GALP2-235. Ano: 2022.

Obxecto: Artigo 63.1 do Regulamento 508/2014: a). Aumento do valor, creación do emprego, atracción de xóvenes e promoción da innovación en tódalas fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.

 

Obxectivos previstos:

- Mellorar os sistemas informáticos da Confraría, a trazabilidade e a comercialización dos produtos na lonxa.

- Mellorar a sostenibilidade e o coñecemento das áreas de captura do marisco facilitando as mostraxes.

- Mellorar a vixilancia dos bancos marisqueiros e da costa, controlando o acceso e as capturas.

- Mantemento do emprego na Confraría de Ferrol, así como no sector da pesca e o marisqueo.

Execución:

- Merca dun escáner, dunha impresora laser b/n. Merca dun vehículo para vixilancia do ámbito territorial da Confraría e merca dun vehículo para o transporte dos produtos frescos e conxelados comercializados pola Confraría de Ferrol.

 

Importe da inversión: 45.546’02 €.

Importe da subvención: 45.546’02 €. (Subvencionado ao 100%)

 

Este proxecto está financiado a través dos Grupos de Acción Costeira Local.

Aportación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) Ó 85%: 38.714’12 €

Aportación da Xunta de Galicia (Consellería do Mar) Ó 15%:    6.831’90 €.

Obxectivos acadados:                                                            

- Acadáronse os obxectivos previstos.