Servizos xerais

Servizos xerais

 

A Confraría de Pescadores de Laxe, desenrola unha importante labor administrativa de asesoramento e organización do sector pesqueiro de Laxe, propoñendo ás distintas administracións as medidas necesarias para a realización de unha pesca sostible e respetuosa co entorno mariño que nos rodea.

Na Confraría se realiza diariamente un importante traballo administrativo imprescindible para que os nosos pescadores poidan realizar a súa actividade pesqueira, como por exemplo altas e baixas de mariñeiros, contratos de traballo, solicitudes de todo tipo de inspeccións, navegabilidad, radioeléctrica, de seguridade, de equipos de pesca,etc.

A Confraría é a responsable de organizar a formación dos mariñeiros do porto de Laxe, levar a cabo a tramitación dos distintos cursos que son necesarios para poder a súa actividade, así como das xestións necesarias que deben realizar os nosos pescadores ante as distintas administracións, AEAT, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Consellería de Economía e Facenda, Portos de Galicia, etc.

A elaboración dos distintos proxectos de xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, é fundamental para que os nosos mariscadores poidan realizar a súa actividade marisqueira.

A xestión da lonxa, é importantisima para acadar a mellora da comercialización dos pescados e mariscos que capturan as embarcacións do porto de Laxe, sendo a Confraría de Pescadores de Laxe unha confraría que destaca pola súa faceta innovadora na aplicación de novos métodos de promoción da comercialización que proporcionen un valor engadido adicional aos pescados e mariscos que se comercializan diariamente na lonxa de Laxe, para iso se levan a cabo durante todo o ano, xornadas de degustacións e campañas de divulgación e promoción dos nosos productos.

 Por último tamén é importante mencionar os distintos servizos que se prestan na Confraría e que serven para mellorar as condicións de traballo dos nosos pescadores, como por exemplo o servizo de xeo, carro varadoiro, servizo de grúa, aluguer de almacéns para gardar aparellos, cámara de carnadas, centro estabulador de crústaceos, lavadoiro de caixas, etc.