Sobre nos

A Confraría de Pescadores de Laxe, amparada polo artigo 1 da lei 6/93 do 8 de xullo de confraría de pescadores de Galicia, é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

A Confraría de Pescadores de Laxe ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.

  Horarios da lonxa:

  • A partir das 9:00 do luns ata ás 20:00 horas do venres.
  • Poxa mariscos: 16:30 horas
  • Poxa pescados: 17:00 horas
  • Poxa cerco: Das 09:00 horas do lunes ata ás 20:00 horas do venres

 

Horario da confraría:

Horario de inverno (outubro a xuño)

  • De luns a venres :
    • 9:00 a 14:00 horas
    • 16:00 a 18:30 horas

Horario de verano (xullo a setembro)

  • De luns a venres:
    • 9:00 a 14:30 horas.
  • Mércores
    • 16:00 a 18:30 horas