Pesca de cerco

Pesca de cerco

 

A rede de cerco ten forma rectangular e dispón dunha tralla de flotadores na parte superior e de chumbos na parte inferior que manteñen a rede en posición vertical. Os peixes son rodeados polo muro de rede que se pecha pola parte inferior como unha bolsa, cercando as capturas.

A Confraría de Pescadores de Malpica conta cun importante número de socios enrolados en barcos dedicados á pesca do cerco. . As principais especies capturadas son sardiña, xurelo, bocarte, xarda, cabalón e boga.