A Confraría de Pescadores de Malpica é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores de Malpica ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Horarios da lonxa de LUNS a VENRES:
- De 10:30 ata as 08:00h.
- Poxa a partir das 16:30h, para as especies do día.
- Poxa do Cerco pola noite/madrugada.
Horario da confraría:
- De 9:00h a 15:00h