Remate das Xornadas de recollida de lixo mariño do ano 2022

Remate das Xornadas de recollida de lixo mariño do ano 2022

 

O pasado día 2 de setembro foi o último día de traballo do proxecto “Xornadas de Protección da Biodiversidade mediante a Recollida de Lixo Mariño no Ámbito Territorial da Confraria de Mugardos. Ano 2022), subvencionado conxuntamente polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e pola Xunta de Galicia. En dito proxecto levouse a cabo unha recollida de residuos nas zonas xestionadas pola nosa confraría durante 9 días, repartidos entre xullo e setembro, durante os cales as nosas mariscadoras e mariscadores deixaron por uns días as labores de marisqueo para retirar finalmente 25 toneladas de lixo mariño da Ría de Ferrol.

A maior parte do lixo retirado foron residuos de escombros, cerámica e vidro, e a porcentaxe restante estivo composta por goma (principalmente neumáticos), plásticos, metais téxtiles e productos naturais.

Coa retirada destes residuos, aumentarase a superficie produtiva destes enclaves, favorecendo a colonización das especies que os habitan, incrementando así a súa biodiversidade e os servizos ecosistémicos que proporcionan. Non obstante, aínda queda moito por facer na nosa ría, que coma dixemos en anteriores publicacións sufriu durante anos os efectos dunha forte industrialización e da vertida indiscriminada de lixo. Entre todos tratemos de coidar a este espazo natural ao que tanto lle debemos.

Só queda dar as grazas a tódalas mulleres e homes que participaron neste proxecto, e que contribuíron, non sen pouco esforzo, a facer da nosa Ría un lugar un pouquiño mellor.