Datos das xornadas de recollida de lixo

Datos das xornadas de recollida de lixo

 

Despois de participar nunha breve charla explicativa, as mariscadoras e mariscadores da confraría de Mugardos comezaron as xornadas de recollida de lixo activa o pasado 23 de maio.

Foron realizadas 6 xornadas en diferentes puntos das enseadas de O Baño, Santa Lucía e A Barca. O resultado destas accións foi a retirada de 17280 Kg de lixo mariño dos nosos ecosistemas. A maior parte deste lixo eran vidros, cerámica e escombros, seguidos de madeira e plásticos. Os residuos retirados foron moi variados, e incluíron anacos de vivendas e estradas, redes de pesca, zapatos e incluso unha batería de coche. Isto exemplifica a falta de conciencia que aínda existe en certas persoas respecto ao noso mar, que é unha fonte de sustento para un gran número de familias e un espazo de lecer para moitas persoas. Esperemos que, pouco a pouco, a concienciación aumente ata que este tipo de comportamento sexa anecdótico.

Por outra banda, a modalidade de recollida pasiva comezou en xullo despois de que os armadores das embarcacións "Novo Genoveva" e "O Calamar" participasen nunha pequena charla explicativa. Ata o momento, foron retirados un total de 520 Kg de lixo mariño (principalmente botellas de vidro e plástico) á vez que os tripulantes das embarcacións desempeñaban as súas labores habituais de traballo. Neste primeiro mes, só unha das embarcacións puido saír á faena, pero cando a segunda embarcación se reincorpore nas próximas semanas, os esforzos de limpeza duplicaranse.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75%, e pola Xunta de Galicia nun 25%. Vos iremos dando datos actualizados ata o remate das xornadas no mes de setembro.

Grazas a tódalas persoas que co seu esforzo contribúen a mellorar a calidade ambiental da nosa vila e da Ría de Ferrol.