Concesión de básculas de pesaxe electrónico

Concesión de básculas de pesaxe electrónico

 

Ao abeiro da subvención PE209G (Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca) foi concedida a compra de dúas básculas electrónicas. O obxectivo da subvención é a colocación de ambos dispositivos na lonxa da confraría (empregada polas persoas pertencentes ao sector do marisqueo a pé) e na habitación da cámara frigorífica (empregada polos armadores).  Deste xeito os socios e socias da entidade poderán realizar pesaxes dos seus produtos de xeito máis preciso, minimizando o risco de sufrir perdas económicas.

O orzamento desta subvención, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%, foi de 3270 €.