AXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS
Consellería do Mar
ORDE do 3 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).
Obxecto
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para accións formativas, financiados polo FEMP, que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).
CURSOS A REALIZAR:
1 OPERADOR/A RESTRINXIDO/A SMSSM
2 FORMACIÓN SANITARIA INICIAL
1 FORMACIÓN BÁSICA COMPLETO (70HRS)