Noticias

MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.

 

Administración Local
Provincial
Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Sección de Promoción Económica e Emprego
R.P. 2024 / 24785 de 12 de xuño de 2024 pola que se aproba a concesión definitiva do programa FO027A/2024

 

ANUNCIO

RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2024

 

Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS
NIF: G15038508
Cod. Exp.:2024000014354
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.

IMPORTE DA AXUDA:.......................................20.000,00 €

NORMAS CAMPAÑA LIBRE MARISQUEO A FROTE 2024

Plan específico de xestión conxunto de bivalvos infaunais en zona de libre marisqueo a frote da Ría de Muros-Noia

ORDENACION DO ATRAQUE NO PORTO DE MUROS

 

Esta ordenacion de atraques realizase en aras dun mellor aproveitamento dos espazos portuarios que, sen dabida, redundara nunha mellor organizacion e explotaciOn portuaria, o que beneficia a todos.

As presentes normas son de obrigado cumprimento por parte de todolos usuarios do porto de Muros e o incumprimento das mesmas dara lugar a apertura dos correspondentes expedientes sancionadores. Estas normas entraran en vigor a partir do dia 1 de xullo de 2018

Soamente estara permitida a descarga de peixe nas zonas habilitadas para tal fin e indicadas no piano de ordenacion que se xunta.

Con caracter xeneral, os buques das flotas indicadas no piano para cada peirao teran preferencia na utilizacion dese peirao. Os buques dunha flota so poderan utiiizar os peiraos asignados a outra flota con caracter excepcional e cumprindose as condiciones indicadas nos apartados seguintes.

DESCARGA DE MEXILLON

A descarga de mexillon podera reaiizarse exciusivamente nos peiraos E1, A4, B1 e B2 FLOTA DE BAIXURA

Os peiraos asignados a estas flotas son os seguintes:

1°.- Peirao

2°.- Peiraos A3 e A4

3°.- Peiraos B1 e B2

FLOTA DE ARRASTRE

Os peiraos asignados a esta flota son os seguintes

1°.- Peiraoa A1, A2, A3 e A4

2a.- Peirao B3, previa autorizacion do celador-gardapeiraos do porto.

SALVAMENTO MARITIMO

Peiraos B3 e Fl

BUQUES ESCOLA

Peirao B3, previa autorizacion do celador-gardapeiraos do porto.

PEIRAOS PARA SUBMINISTROS

Combustible:

Peirao Cl Peirao DI

Xeo:

Peirao Al

OBSERVACIONS RESPECTO A RAMPLAS, PANTALANS E VARADOIRO

Las ramplas e as augas situadas entre eles, deberan permanecer libres de atraques e depositos de materiais.

• Non se poderan depositar aparellos ou calquera outro tipo de material nos pantalans, salvo que sexa para limpeza ou pequenas reparacions, estando presente en todo momento o propietario do aparello.

SOLICITUDES DE AUTORIZACIÓNS PARA  PANTALÁN NO PORTO DE MUROS DA  3ª E 4ª LISTA

(procedemento IF503A).

O DOG Núm. 63 de Luns, 1 de abril de 2024 publica o anuncio de PORTOS DE GALICIA do ACORDO do 14 de marzo de 2024 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para 

TODAS AS EMBARCACIÓNS PROFESIONAIS DA 3ª E 4ª LISTA QUE DESEXEN ADQUIRIR OU MANTER UNHA PLAZA DE ATRAQUE NO PANTALÁN, DEBEN PRESENTAR A CORRESPONDENTE SOLICITUDE A TRAVÉS DO PROCEDEMENTO INDICADO, A PARTIR DO DÍA SEGUINTE AO DA PUBLICACIÓN NO DOG DESTA CONVOCATORIA. TRANSCORRIDO O PRAZO DUN (1) MES DESDE A PUBLICACIÓN DESTA CONVOCATORIA, ANALIZARANSE AS SOLICITUDES ACHEGADAS.

AXUDAS PARA COMPENSAR  A MINORACION DA ACTIVIDADE MARISQUEIRA

EXTRACTO da Resolución do 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade (código de procedemento PE130A).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias, físicas ou xurídicas, deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ser titular dun permiso de explotación en vigor para marisqueo a pé de recursos marisqueiros xerais, para marisqueo a pé con emprego de embarcación auxiliar ou persoas armadoras de embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo a flote con vara.

2. Non acadar como resultado económico da actividade extractiva ingresos equivalentes a 5 veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, índice de referencia en España para a asignación de axudas e subsidios en función dos ingresos), durante o período conxunto dos meses de outubro e novembro de 2023.

3. Ademais terán dereito á axuda aquelas persoas en situación de incapacidade temporal, cesamento de actividade, ou que estiveran percibindo algunha compensación por inactividade en todo ou en parte no período comprendido entre outubro e novembro de 2023, sempre que a suma das prestacións percibidas mais os ingresos por marisqueo non acadasen importes equivalentes ao nivel de 5 veces o IPREM no mesmo período.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto a concesión directa dunhas axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade.

Terceiro. Norma reguladora

Resolución do 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade (código de procedemento PE130A).

Cuarto. Contía

A contía da axuda fíxase en 550 euros, por persoa con permiso de explotación vixente para o marisqueo a pé, e marisqueo a pé con embarcación auxiliar.

No caso das embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo a flote con vara, a contía da axuda fíxase en 550 euros por persoa enrolada nos meses de outubro e novembro de 2023.

Quinto. Comprobación e publicación

1. A Consellería do Mar, logo de consultar os rexistros dos permisos de explotación marisqueira en vigor nos meses de outubro e novembro de 2023, así como os datos de ingresos pola actividade extractiva de marisqueo nese período, dispoñibles no Servizo de Análise e Rexistros da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica,

elaborará unha relación de persoas que, por reunir os requisitos previstos nos apartados 1 e 2 do punto sexto, puideran acollerse a esta axuda.

2. Esta relación publicarase o día 5 de febreiro de 2024 no seguinte enderezo https://mar.xunta.gal/gl/de-interese/novidades

A publicación realizarase de conformidade coas garantías establecidas na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Sexto. Forma e lugar de presentación da aceptación

1. As persoas incluídas na relación indicada no punto anterior disporán dun prazo de 5 días naturais desde o mesmo día da súa publicación para aceptar a axuda, que deberán presentar por escrito segundo o formulario que acompaña a esta resolución (anexo I) e no que se indicará o número de conta para o abono da axuda.

2. Aquelas persoas que percibiran prestacións por causa de incapacidade temporal, cese de actividade ou outras semellantes, derivadas da súa actividade extractiva marisqueira achegarán mediante declaración responsable no documento anexo sinalado, a contía percibida no período de outubro e novembro, co fin de poder calcular o sometemento dos ingresos ao nivel IPREM establecido.

3. A non aceptación da axuda no prazo indicado suporá a renuncia á mesma.

4. As persoas incluídas na relación, e aquelas outras persoas que non figuren na mesma, disporán tamén dun prazo de 5 días naturais desde a publicación da mesma, para achegar as alegacións e documentación que xulguen oportuna.

5. A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

LIMPEZA DE LIXO MARIÑO E PELES NA PRAIA DE MONDELO

(Abelleira-Muros)

 

A Agrupación de Mariscado@s de a Pé da Confraría de Pescadores de Muros, o sábado día 20 de xaneiro participou, xunto con Actúa Voluntariado, ABANCA e colaboración do concello de Muros, na recollida de lixo mariño e peles na praia de Mondelo (Abelleira-Muros).

Os resultados desta recollida foron os seguintes:

Plásticos e madeira:   230 quilos.

Palitos de batea:          10 quilos

PELES:                            4 quilos.

Oferta de emprego

 

Ó abeiro do estipulado no artigo Artigo 43.4 do DECRETO 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións e no Artigo 40.2 dos estatutos da confraría, facemos pública unha  oferta de emprego para cubrir unha praza vacante de GARDAPESCA MARÍTIMO, na CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.

É imprescindible estar en posesión da habilitación como Garda particular de campo na especialidade de gardapesca marítimo, de acordo co previsto na Lei 5/2014, de 4 de abril, de Seguridad Privada (BOE» núm. 83, de 05/04/2014).

Os interesados deberán presentar a súa solicitude xunto co curriculum vitae nas oficinas da confraría, tendo de prazo ata o día 15/12/2023, ás 14,00 horas.

O que se fai público para o coñecemento xeral, en Muros a 01/12/2023

 

 

                                                                                                                                                                                             

O PATRÓN MAIOR,     

                                                                                                                                                                                         

Asdo: M. Daniel Formoso Moledo.-

 

AXUDAS A FAMILIARES DOS FALECIDOS NO MAR PARA O ANO 2024

                                                                                                        

 No DOG Núm. 227 de Mércores, 29 de novembro de 2023, a CONSELLERÍA DO MAR publica a

ORDE do 16 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2024, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE113E).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas destinadas a familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2024.

Artigo 12. Contía da axudas

As contías das axudas reguladas nesta orde son as seguintes:

a) Á viúva/o ou parella de feito da persoa falecida corresponderalle tres mil euros (3.000 €).

b) A cada unha das fillas/os menores de 21 anos corresponderalle mil euros (1.000 €).

Enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231129/AnuncioG0427-171123-0001_gl.pdf

 

CONCESION AXUDA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A Deputación da Coruña aprobou a CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2023.

Entre as entidades beneficiarias destas axudas figura a Confraría de Pescadores de Muros ca axuda que se indica:

Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS

NIF: G15038508

Cod. Exp.:2023000017276

Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.

Importe da subvención: 20.000,00€

Coeficiente: 0,8000

Presuposto Subvencionado  que se ha xustificar 25.000,00€