Informamos que o DOG Núm. 15 do Luns, 24 de xaneiro de 2022, publica o seguinte:
CONSELLERÍA DO MAR
EXTRACTO da Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2022 os devanditos procedementos tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).
BDNS (Identif:): 606407.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os propietarios de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Finalidade
As axudas terán como finalidade:
1. Limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptar a pesca á protección das especies.
2. Mellorar a hixiene, saúde, seguridade e as condicións de traballo en buques pesqueiros.
3. Mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático.
4. Mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático, a través da substitución de motores principais ou auxiliares.
5. Aumentar o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización das capturas non desexadas.
6. Servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2022 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).
Cuarto. Importe
Para o ano 2022, as axudas concederanse de acordo coa seguinte desagregación que figura dotada no orzamento de gastos de Consellería do Mar para o ano 2022, e tramitaranse de forma anticipada.
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.0. Importe: 484.000 €, limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptar a pesca á protección das especies.
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.6. Importe: 981.238 €, mellorar a hixiene, saúde, seguridade e as condicións de traballo en buques pesqueiros.
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.4. Importe: 100.000 €, mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático.
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.3. Importe: 105.341 €, mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático. Substitución de motores principais ou auxiliares.
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.5. Importe: 235.000 €, aumentar o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización das capturas non desexadas.
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A. 770.1. Importe: 25.000 €, servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Muros, 25 de xaneiro de 2022.
O PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS,
Asdo: M. Daniel Formoso Moledo.-