SUBVENCIÓNS PARA A OBTENCIÓN DE AVAIS DE SAECA POLO SECTOR PESQUEIRO.

ASUNTO: ORDE POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS PARA A OBTENCIÓN DE AVAIS DE SAECA POLO SECTOR PESQUEIRO.

 

Publicouse a Orde do 27 de abril de 2023 pola que se convocan as subvencións previstas no Real Decreto 388/2021, do 1 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á obtención de avais da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria S.M.E. (SAECA) por titulares de explotacións agrarias, de operadores económicos do sector pesqueiro ou de industrias agroalimentarias que garantan préstamos para o seu financiamento.

Remitímoslles copia da mencionada Orde.

O Real Decreto 388/2021 ao que se fai referencia, foi publicado en:

«BOE» núm. 131, de 2 de junio de 2021

Beneficiarios.

Os armadores ou propietarios de buques pesqueiros da lista terceira de alta no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e en posesión da licenza de pesca en vigor ao comezo do período de referencia, e as entidades asociativas pesqueiras.

Características e contías. O custo dos avais obxecto de subvención será, para a comisión de estudo, o 0,50% do importe avalado, por unha soa vez á formalización do préstamo, e para a comisión do aval, o 1,15% anual sobre o saldo vivo do préstamo avalado.

Financiarase a comisión de estudo do aval de SAECA nos seguintes casos:

- Armadores ou propietarios de buques pesqueiros que non teñan máis de corenta anos.

- Solicitantes integrados nunha entidade asociativa prioritaria de carácter agroalimentario ou nunha organización de produtores recoñecida.

Límite da contía da subvención. No sector da pesca e da acuicultura limítase aos 30.000€ de axudas de minimis durante tres exercicios fiscais.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE e finalizará o 15 de outubro de 2023.

ENLACES:

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2023-13203

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2023-13203