RESOLUCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PUNTUACIÓNS OBTIDAS POLAS PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN, MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL A PÉ, PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, E AS PERSOAS EXCLUÍDAS DO PROCESO.
De conformidade co establecido na base 2. do anexo A da resolución do 9 de marzo de 2023 pola que se convocou o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.
RESOLVE:
1. Facer pública a listaxe provisional das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.
2. As persoas aspirantes disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución, para efectuar alegacións ás puntuacións outorgadas.
3. Facer pública a listaxe definitiva das persoas excluídas ao proceso selectivo, así como as causas da súa exclusión. As persoas excluídas poderán presentar contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, un recurso de alzada ante a conselleira do mar no prazo dun (1) mes a contar a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co establecido nos artigos 30, 121 e 122 da lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presente resolución publicarase no taboleiro de anuncios da xefatura territorial da Coruña e na páxina web http://mar.xunta.gal/. A resolución tamén se exporá, con carácter informativo, nos taboleiros de anuncios da confraría de pescadores de Muros e da xefatura comarcal da consellería do Mar de Ribeira
A xefa territorial
Mª José Cancelo Baquer