AVISO VOTACIÓNS XUNTA XERAL DIA 29 OCTUBRE DE 2022

ELECCIÓNS XERAIS A CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

AVISO

 

As votacións para as eleccións xerais dos membros da Xunta Electoral, terán  lugar no SALÓN DE ACTOS DA LONXA, desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas ininterrompidamente o SÁBADO DÍA 29 DE OTUBRO DE 2022.

Visto que nos sectores de TRIPULANTES, MARISQUEO DENDE EMBARCACIÓN, VIVEIROS FROTANTES e          RECURSOS ESPECÍFICOS, o número de candidatos/as coincide co número de vogalías a elixir, é polo que, segundo se dispón no artigo 101.6 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, quedaron proclamados como MEMBROS ELECTOS da xunta xeral e membros natos da xunta directiva das respectivas agrupacións sectoriais, TODOS OS CANDIDATOS PRESENTADOS.

Por conseguinte, tan só se celebran votacións nos sectores de MARISQUEO A PÉ e EMPRESARIOS DE PESCA DE BAIXURA, SECTOR DE ARTES MENORES, podendo exercer o seu voto aqueles afiliados que consten nos respectivos censos destes sectores.

Como queira que o censo de marisqueo a pé está claro para aquelas persoas que pertencen o mesmo, non pasa o mesmo no que atinxe ao sector de EMPRESARIOS DE PESCA DE BAIXURA, FROTA DE ARTES MENORES, polo cal, axuntamos copia do devandito censo.

 

Asdo: José Antonio Rama Suárez.-

SECRETARIO DA COMISIÓN ELECTORAL