ELECCIÓNS XERAIS A CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS
AVISO
As votacións para as eleccións xerais dos membros da Xunta Electoral, terán lugar no SALÓN DE ACTOS DA LONXA, desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas ininterrompidamente o SÁBADO DÍA 29 DE OTUBRO DE 2022.
Visto que nos sectores de TRIPULANTES, MARISQUEO DENDE EMBARCACIÓN, VIVEIROS FROTANTES e RECURSOS ESPECÍFICOS, o número de candidatos/as coincide co número de vogalías a elixir, é polo que, segundo se dispón no artigo 101.6 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, quedaron proclamados como MEMBROS ELECTOS da xunta xeral e membros natos da xunta directiva das respectivas agrupacións sectoriais, TODOS OS CANDIDATOS PRESENTADOS.
Por conseguinte, tan só se celebran votacións nos sectores de MARISQUEO A PÉ e EMPRESARIOS DE PESCA DE BAIXURA, SECTOR DE ARTES MENORES, podendo exercer o seu voto aqueles afiliados que consten nos respectivos censos destes sectores.
Como queira que o censo de marisqueo a pé está claro para aquelas persoas que pertencen o mesmo, non pasa o mesmo no que atinxe ao sector de EMPRESARIOS DE PESCA DE BAIXURA, FROTA DE ARTES MENORES, polo cal, axuntamos copia do devandito censo.
Asdo: José Antonio Rama Suárez.-
SECRETARIO DA COMISIÓN ELECTORAL