A Confraría de Pescadores de Muros é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores de Muros ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Horarios da lonxa:
- Se hai marisco: 12:00 - 20:00.
- Se non hai marisco: 10:00 - 20:00.
Subastas:
- Poxas de marisco a partir das 14:00.
- Poxas de pescado a partir das 17:30.
Horario da confraría:
- De 9:00 a 14:00/15:00.