Comercialización
![](https://www.lonxasgalegas40.gal/muros/sites/default/files/public/basicas/img-20191023-wa0056.jpg)
Comercialización
A Confraría de Muros encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto almacenistas como comerciantes polo miúdo, mediante acordos de venda.
Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sustentable e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.