MELLORA DA ILUMINACIÓN DA LONXA DE MUROS

Enviado por Cofradia Muros el Mar, 22/12/2020 - 12:32
ILUMINACIÓN SALA DE POXAS

Ao abeiro da Orde do 23 de decembro do 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75 % e tramitada como expediente anticipado de gasto, a confraría de Pescadores de Muros foi concesionaria dunha axuda por importe de 18.426,00 € destinados ao proxecto de MELLORA DA ILUMINACIÓN DA LONXA DE MUROS.

A Cofradía de pescadores de Muros contaba cunha instalación consistente nunha nave de tipo industrial, construída mediante estrutura prefabricada de formigón e cuberta de estrutura metálica, dispón de tódolos servizos necesarios para o desenrolo da actividade propia da lonxa. Dispón dunha superficie construída de aproximadamente 1.100m2.

O proxecto obxecto da presente memoria consisteu no reemplazamento da iluminación existente consistente en pantallas estancas e campanas halógenas por iluminación de tipo LED co cal se consigue unha maior eficiencia enerxética da instalación de iluminación.