Son membros da Confraría todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira, marisqueira ou de produción acuícola e atópense en posesión do correspondente título administrativo que os habilite para o exercicio da actividade.
Na confraría de Rianxo hai constituídas dúas agrupacións sectoriais: Agrupación de Mariscadores/as a Pé, e Agrupación de Pesca de Baixura: Bou de Vara, Man e Boliche; intégranse nela a totalidade das persoas membro da confraría dese sector de produción, que sexan empresarios/as ou traballadores/as, titulares da habilitación para ese exercicio da actividade extractiva de recursos mariños vivos.
A confraría leva un censo de afiliados/as no que se inscriben todas as persoas, físicas ou xurídicas, que adquiran a condición de persoas membro, de conformidade coa normativa en vigor. O censo de afiliados á confraría de pescadores de Rianxo a data 31/12/2019 ascende a 615 asociados.
Faite socio
Se tes unha embarcación de pesca, marisqueo ou acuicultura e desenvolves a túa actividade en Rianxo faite socio da nosa Confraría de Pescadores poñéndote en contacto con nos.
Se aínda non sabes como, pero estas interesado en comprar unha embarcación de pesca profesional e vivir do mar, fala connosco e axudarémosche.