Órganos de goberno

Son órganos reitores da Confraría: a Xunta Xeral, o Cabildo e o Patrón Maior.

A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno e decisión da Confraría, na que están representados todos os profesionais do sector afiliados. Actúa como órgano de control e fiscalización dos restantes órganos reitores da Confraría.

O Cabildo é o órgano de goberno, xestión e administración da Confraría. Está formado polo Patrón Maior, o Secretario e os vogais, dos cales dous serán obrigatoriamente os vicepatrones 1º e 2º.

O Patrón Maior é o representante da Confraría. Preside a Xunta Xeral e o Cabildo. Será elixido pola Xunta Xeral de entre os seus membros.

As eleccións para a constitución ou renovación dos órganos da Confraría de Pescadores "Virxe do Rosario" de Vilaxoan realízanse cada catro anos e réxense polo establecido no DECRETO 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, así como polos Estatutos da propia Confraría.

Nas últimas eleccións resultou elixida a seguinte directiva:

  • Patrón Maior: Joaquín Santos Pérez
  • Vice Patrón: Lourdes Corgo Rodríguez
  • Secretaria: Margarita Patiño Miguéns