Novas
O pasado 2 de agosto do 2024 na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptou o reparto de axudas á Confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías e Agrupacións de mariscadoras, para “GASTOS CORRENTES” durante o exercicio 2024.
A Confraria de A Guarda concedéronse un importe de 9988,74 €uros do programa “Gastos Correntes” aplicación: 24/410.4150.489.01 da que había un crédito de 175000 €, para gastos de persoal, combustible e electricidade, que serán xustificados con nóminas e facturas
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 26 de marzo do 2021, acordou o reparto das axudas ás Confrarias da provincia de Pontevedra para investimentos durante o ano 2021.
Na Confraría de A Guarda se realizaron varios partidas para investimentos do ano 2021 e que a continuación detallamos:
Servidor Dell Torre
Ordenador Intel i5
Monitores Philips de 23,8’’
Todos investimentos ascenden a 2566,93.- €uros dos cales a Deputación Provincial aportará o 80 % do investimento das axudas.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 21 de febreiro do 2020, acordou o reparto das axudas ás Confrarias da provincia de Pontevedra para investimentos durante o ano 2020.
Na Confraría de A Guarda se realizaron varios partidas para investimentos do ano 2020 e que a continuación detallamos:
Fotocopiadora multifunción que realizar 20 copias por minuto e escáner para á dixitalización de documentos.
Impresora de etiquetas para poñer no peixe no momento da subasta
Teclados para os equipos informáticos.
Mámparas de sobremesa para protección do persoal
Traspaleta de 2,5 Tn para que os socios poidan realizar traballos de carga
Indumentaria identificativa e regulada para o servizo de vixiancia
Roupa identificativa para o persoal da lonxa (polos, cazadoras, etc)
Todos investimentos ascenden a 5932,32.- €uros dos cales a Deputación Provincial aportará o 80 % do investimento das axudas