Son membros da Confraría todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira, marisqueira ou de produción acuícola e atópense en posesión do correspondente título administrativo que os habilite para o exercicio da actividade.
Actualmente a Confraría conta con socios tanto traballadores como empresarios, que desenvolven a súa actividade nos distintos sectores produtivos da pesca e do marisqueo. En todos os casos trátase de pesca artesanal realizada por embarcacións de pequeno porte, a escasas millas da costa e que descargan as súas capturas o mesmo día de pesca.
Os principais sectores produtivos aos que pertencen os socios da Confraría son a pesca de cerco, pesca con artes menores ( enmalle, anzol e nasas), recursos específicos (navalla, ourizo, percebe, etc.) e o marisqueo, tanto nas modalidades do montón como desde embarcación.
Faite socio
Se tes unha embarcación de pesca, marisqueo ou acuicultura e desenvolves a túa actividade en A Guarda faite socio da nosa Confraría de Pescadores poñéndote en contacto con nos.
Se aínda non sabes como, pero estas interesado en comprar unha embarcación de pesca profesional e vivir do mar, fala connosco e axudarémosche.