Comercialización

A Confraría de Aguiño encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto almacenistas como comerciantes polo miúdo, mediante acordos de venda.

Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sustentable e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.

As principais especies en primera venda, son:

- PERCEBE. (Pollicipes pollcipes)

- OURIZO.(Paracentrotus lividus)

- AMEIXA BABOSA. (Venerupis pullastra)

- AMEIXA RUBIA. (Venerupis rhomboides)

- NAVALLA. (Ensis magnus)

- LONGUEIRÓN. (Ensis slliqua)

- LONGUEIRÓN VELLO. (Solen marginatus)

- CARNEIRO. (Venus verrucosa)

- CORNICHA. (Spisula solida)

- RELOXO (Dosinia exoleta)

- AMEIXÓN. (Callista chione)

- CENTOLA. (Maja brachydactila)