Marisqueo

Enténdese por marisqueo o exercicio da actividade extractiva, desenvolvida a pé ou desde embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización. 

Cabe salientar neste apartado, unha especial atención sobre o marisco por excelencia na Confraría de Aguiño, o Percebe. Tratase da especia que más reporta a Confraría, se atendemos os kg. anuais na primeira venda, sendo moi apreciado pola súa calidade tanto en mercados nacionais como internacionais. O 25 de xullo de cada ano, celébrase a FESTA DO PERCEBE, festa de carácter gastronómico, que trata de impulsar e dar a conocer este cotizado crustáceo, tanto a foráneos como nativos.